É coñecida por todos a meirande cantidade de información que circula pola rede. Tamén é de sobre coñecida que quen deu coa mellor solución para buscar esta información levouse o gato á auga (pobre gatiño, co medo que lle teñen a auga), é dicir, google. Comezou sendo un simple buscador e converteuse no sistema preferido de moitos para publicar blogs (blogger), visualizar mapas(google.maps e google earth), ler feeds (google reader) e un longo etcétera.
Parece mentira pero a realidade é que eu agora mesmo non concibiría a internet sen google. A realidade é así de... crúa? Pois, no que se refire o servicio básico, é dicir, ao buscador, dende onte temos unha alternativa aínda en fase alpha. Trátase de wikia, o buscador web dos creadores da wikipedia. Baséase nas ideas da Web 2.0 para intentar ofrecer ao usuario os resultados que realmente busca empregando para iso a información proporcionada por outros usuarios.
Eu probeino. Pensaba que con iso de que era o primeiro día e ao estar baseado en redes sociais pois aínda non tería suficientes datos como para dar un bó resultado. Nada máis lonxe da realidade. Fixen unhas poucas buscas e, se ben é certo que para cada unha delas obtiven poucos resultados, estes foros verdadeiramente significativos. Posiblemente sexa esta unha das vantaxes que nos ofrece: un refinamento nas buscas, a diferencia do que pasa en google onde se proporciona ao usuario unha cantidade inxente de resultado onde só os primeiros (a primeira páxina de resultados, por exemplo) son relevantes.
Agora só nos quedan dúas cousas: participar e esperar a ver que pasa.
De chegarse a un resultado satisfactorio e ser este proxecto unha alternativa real a google... solucionaríase a progresiva monopolización da web que estamos a experimentar?
Ofrecerá wikia, de ter éxito, outros servicios seguindo o modelo de google?
Tempo ao tempo.

0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada